martes, abril 07, 2009

Tentador, como siempre.

Paseando me encontré con este libro de la editorial Galaxia. Mis ojos se fueron a él.


Hugo Pratt. O desexo de ser inútil (Lembranzas e reflexións)
Petitfaux, Dominique

Entrevistas con Dominique Petitfaux

O home que creou a lenda do Corto Maltés converteuse a súa vez nunha lenda. Neste libro, pouco tempo antes da súa morte, explora os misterios da súa vida...


Curiosa mestura de ascendentes franco-ingleses, xudeo-españois e turcos, Hugo Pratt nace veneciano e esperta á vida en Etiopía, onde descobre o fascismo e o amor, e onde tamén aprende a debuxar e a odiar o colonialismo. Con vinte e dous anos embarca para Buenos Aires, cidade na que pasa o tempo entre a banda deseñada, as viaxes e as extravagancias mundanas. Debuxou preto de nove mil pranchas, desde As de picas a Corto Maltés, personaxe no que tamén se inspirou para escribir a novela Corto Maltés. Balada do mar salgado. Na busca de aventuras, dá varias veces a volta ao mundo. A outra viaxe é interior. Experto na Cábala, iniciado no vodú, descubridor do alleo en seis ou sete linguas aprendidas e faladas e trinta mil libros coleccionados, Hugo Pratt é o misterioso veneciano a quen imos atopar neste libro a carón das súas irmás negras, as súas curmás indias, as súas

, os seus personaxes, os seus amigos e a morte...

Editorial: Galaxia
Colección: Libros singulares e fóra de colección
244 páx.
Rústica con lapelas
PVP: 32.50 €
ISBN: 978-84-9865-157-7
Data publicación: febreiro 2009
1ª Edición